
Cun reparto incríble e de luxo, estreouse xa hai un mes nas nosas carteleras, a película de
Manuel Gómez Pereira, Reinas. Basada principalmente na actual nova norma impulsada polo goberno do
PSOE de permiso de matrimonio ós homosexuais, Gómez Pereira, céntrase neste caso, no sexo masculino. Tres parellas están a piques de contraer nupcias o mesmo día (o cal sería o día das
primeiras vodas gays en España). Entre elas tres non hai aparente relazón, pero en realidade o que cobra especial importancia na película son as nais.
Nuria (Verónica Forqué) é unha muller ninfónama que non pode controlar os seus instintos e o seu fillo está traballando en Bruselas.
Magda (Carmen Maura) é a dona dun hotel-restaurante onde se celebrarán os banquetes nupciais.
Reyes (Marisa Paredes) é unha actriz e o seu fillo namórase do fillo do xardineiro de toda a vida. Ademais do amor entre os fillos, xorde unha intensa atracción entre os pais...
Ofelia (Bettiana Blum) vén de Arxentina, supostamente só para asistir á voda do seu fillo, aínda que despois parece que non quere regresar a Arxentina, xa que vendeu a súa casa e os seus negocios alí...
A partir destes personaxes xorden diversas e moi desafortunadas aventuras... Nuria non pode evitar os seus instintos e acaba bicando a quen non debería, Ofelia "perde" a súa cadela e non sabe como vivir sen ela... Magda ten un problema cos seus traballadores e perigra o banquete nupcial... Multitude de desaventuras, por dicilo dalgunha maneira, todo
nun ambiente snob e de luxo: nos millores hoteis, apartamentos e lugares da capital.
Como acabarán as vodas?
0 comentarios